26
Xuñ

Evento multiplicador do proxecto FUTUREfacing ERASMUS+

CIFP Politécnico de Santiago

Engadir ao calendario

Día: 26 e 27 de xuño de 2019
Lugar: CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)​
Hora: Día 26 de 10:15 h-19:00 h // Día 27, visitas de 10 a 12: 30 h

O próximo 26 de xuño terá lugar a celebración do Evento Multiplicador do Proxecto FUTUREfacing no CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela).

Trátase dun proxecto Erasmus+ KA202, centrado no acabado e revestimento do moble e integrado por un consorcio de socios procedentes de catro países europeos:

  • GAIN, Axencia Galega de Innovación, coordinador do proxecto
  • XERA, Axencia Galega da Industria Forestal
  • Destacadas empresas vinculadas ao sector madereiro como: ILVA (empresa italiana do sector químico con sede en Valencia), British Coatings Federation (con sede en UK e adicada aos acabados) e Finsa (Financeira Maderera S.A.)
  • Escola de Formación Profesional Rakvere Ametikool ( Rakvere, Estonia)
  • Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

No evento amosaranse os resultados acadados no proxecto mediante breves relatorios a cargo dos socios e expertos invitados e, a continuación, o público asistente poderá probar o simulador virtual de vernizado, así como asistir ás demostracións interactivas in situ de técnicas de acabado e revestimento a cargo de Ilva, Finsa e a Escola de Formación Profesional de Rakvere (Estonia).

Mais información e inscrición na seguinte ligazón:
http://www.cismadeira.es/erasmusES/noticias/2627-06-2019.php