Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade
16 de Abril
Día: 26 e 27 de xuño de 2019
Lugar: CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)
Hora: Día 26 de 10:15 h-19:00 h // Día 27, visitas de 10 a 12: 30 h
O próximo 26 de xuño terá lugar a celebración do Evento Multiplicador do Proxecto FUTUREfacing no CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela).
Trátase dun proxecto Erasmus+ KA202, centrado no acabado e revestimento do moble e integrado por un consorcio de socios procedentes de catro países europeos:
No evento amosaranse os resultados acadados no proxecto mediante breves relatorios a cargo dos socios e expertos invitados e, a continuación, o público asistente poderá probar o simulador virtual de vernizado, así como asistir ás demostracións interactivas in situ de técnicas de acabado e revestimento a cargo de Ilva, Finsa e a Escola de Formación Profesional de Rakvere (Estonia).
Mais información e inscrición na seguinte ligazón:
http://www.cismadeira.es/erasmusES/noticias/2627-06-2019.php