21
Xuñ

NANOEATERS Workshop con industria: Deseño dun sensor “Lab-o-a-chip” para a detección de toxinas mariñas e detección temperá de fibrose

CINBIO

Engadir ao calendario

Título: NANOEATERS Workshop con industria: Deseño dun sensor “Lab-o-a-chip” para a detección de toxinas mariñas e detección temperá de fibrose.​
Lugar: Centro Investigacións Biomédicas (CINBIO) Sala Seminarios CACTI_Andar 0. Campus Universitario Vigo.
Data: 21 de xuño de 2019
Hora: 10:30 – 14 horas

O Centro de Investigacións Biomédicas -CINBIO da Universidade de Vigo en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, organiza no marco do Proxecto NANOeaters, os Workshop con industria : Deseño dun sensor “Lab-o-a-chip” para a detección de toxinas mariñas e Detección temperá de Fibrose.

O obxectivo desta xornada é a presentación dun dos Casos de Uso do proxecto: “Detección temperá de Fibrose” e “Sensores Biotoxinas mariñas. Deseño dun sensor “Lab-o-a-chip” para a detección de biotoxina mariñas”, por parte de expertos do CINBIO e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga – INL.

O proxecto NANOeaters (Nanotechnology Early Adopters) é un proxecto cofinanciado polo programa europeo POCTEP e promove a colaboración entre Centros de Investigación e PEMEs innovadoras (early adopters), apoiando ás empresas no proceso de transferencia de nanotecnoloxía.

O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos en novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.

A Axencia Galega de Innovación lidera este proxecto de Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a pemes innovadoras da Eurorrexión, en colaboración co Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL), a UVIGO, a USC, Gradiant, CTAG, AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

  • Programa do evento dispoñible nesta ligazón (pdf)
  • Inscricións antes do 20/06/2019 a través dos correos electrónicos inmunologia@uvigo.es / coloides@uvigo.es​