28
Xuñ

II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol

Engadir ao calendario

Título: II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
Data: 28/06/2019
Hora: 10:00 h – 15.00 h

O Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial consolídase este ano celebrando a súa segunda edición o 28 de xuño, de novo con motivo do Día Mundial do Deseño Industrial.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), organiza este evento co obxectivo de continuar abrindo canles de contacto entre os profesionais do deseño e as empresas galegas, con especial atención nesta edición ao deseño estratéxico para a innovación centrada nas persoas.

O evento terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) e reunirá a profesionais do deseño de todas as disciplinas (industrial, gráfico, de produto, de espazos, estratéxico, moda e dixital e multimedia), estudantes desta especialidade e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e competitividade nas súas organizacións.

Durante o encontro farase balance do primeiro ano de traxectoria do Programa de Deseño para a Innovación 2020 e presentaranse as novas accións que a Xunta de Galicia está a promover para impulsar o deseño galego como ferramenta competitiva nas empresas, especialmente nas pemes. Entre estas novidades figura a Materioteca de Galicia, que os participantes na xornada poderán visitar. Tamén será presentada a publicación “O deseño como motor. Casos de éxito”.

Ademais, os asistentes terán ocasión de coñecer as últimas tendencias do deseño internacional da man de profesionais galegos que xa son referentes a nivel global: Iván Mato, Coca Rivas, Isaac Piñeiro, Nuria Carballo e Manuel Vázquez.

A xornada completarase coa experiencia de dúas empresas na incorporación do deseño á súa estratexia de negocio: a multinacional Nationale-Netherlanden e a peme galega María Martínez Otero.