3
Xul

Taller de preparación de propostas EUROSTARS-2

CIS Tecnoloxía e Deseño

Engadir ao calendario

Día: 3 de xullo de 2019
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. Ferrol
Hora: 10:15 h-13:00 h

A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co CDTI, organiza o próximo 3 de xullo en Ferrol un taller para orientar ás entidades interesadas en presentar unha proposta ao Programa EUROSTARS-2, con próxima data de peche, 12 de setembro.

O programa EUROSTARS é un programa de financiamento e apoio dirixido a PEMES innovadoras que desexen desenvolver un proxecto de innovación cercano ao mercado explorando os beneficios da cooperación internacional.

Durante esta xornada o CDTI explicará os criterios de elexibilidade e avaliación, así como consellos prácticos para preparar propostas competitivas.

As entidades que queiran participar no programa EUROSTARS-2 terán a posibilidade de manter unha entrevista persoal cos representantes do CDTI.