Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade
16 de Abril
Título: NANOEATERS Workshop con industria: HMI de vehículo.
Lugar: CTAG – Centro Tecnológico de Automoción de Galicia. Pol. Industrial A Granxa, calle A, parcelas 249-250, 36400 O Porriño (Pontevedra)
Data: 12 de abril de 2019
Hora: 11:30 h – 13:45 h
O Centro Tecnológico de Atomoción de Galicia (CTAG) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, organiza no marco do Proxecto NANOeaters, o Workshop con industria HMI de vehículo: Estudio y aplicaciones prácticas de tecnologías capacitativas en elementos HMI del vehículo.
O obxectivo desta xornada é a presentación dun dos Casos de Uso do proxecto: “HMI de vehículo”, por parte de expertos do CTAG e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga – INL.
O proxecto NANOeaters (Nanotechnology Early Adopters) é un proxecto cofinanciado polo programa europeo POCTEP e promove a colaboración entre Centros de Investigación e PEMEs innovadoras (early adopters), apoiando ás empresas no proceso de transferencia de nanotecnoloxía.
O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos en novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.
A Axencia Galega de Innovación lidera este proxecto de Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a pemes innovadoras da Eurorrexión, en colaboración co Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL), a UVIGO, a USC, Gradiant, CTAG, AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur.
Programa da xornada dispoñible nesta ligazón (pdf)