11
Dec

Encontro Políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación

CIS Galicia

Engadir ao calendario

Título: Encontro “Políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación”
Lugar: CIS Galicia, Ferrol
Data: 11/12/2018
Hora: 9.30 h – 15.00 h

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 11 de decembro no CIS Galicia (Ferrol) o encontro “Políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación”.

Este evento pecha as actividades públicas do Programa de Deseño para a Innovación deste ano, co obxectivo de fomentar o intercambio de coñecemento sobre políticas públicas e boas prácticas empresariais aplicadas ao deseño como motor de innovación.

Os asistentes terán ocasión de coñecer os principais aspectos das políticas públicas de deseño para a innovación desenvolvidas en países como Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Islandia, Irlanda, Letonia e Suecia. Esta dimensión internacional seguirá coa análise do papel da rede de asociacións de deseñadores europeas sobre as políticas de de innovación da UE, que se completará coa perspectiva da asociacións española e galega.

No eido das boas prácticas empresariais, varias compañías galegas líderes nos seus sectores expoñerán como se converteron tamén en referentes na aplicación do deseño como ferramenta estratéxica de competitividade. Como casos de éxito, os estudios premiados na últimas edicións dos premios Paraugas do Clúster de Comunicación Gráfica darán a coñecer os seus proxectos.

Ademais, os participantes poderán coñecer en primicia a panorámica sobre o deseño industrial en Galicia realizada a través dunha publicación e unha exposición que percorren os seus precedentes e referentes ao longo da historia.

Os destinatarios do encontro son os/as deseñadores/as de todos os ámbitos, estudantes desta especialidade, representantes de empresas interesadas no deseño como panca da competitividade e profesionais de entidades públicas con competencias sobre innovación.