23
Nov

NANOEATERS DAY EYEPRESS: sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular

CiTIUS

Engadir ao calendario

Título: NANOEATERS DAY EYEPRESS: sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular.
Lugar: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) – Rúa de Jenaro de la Fuente Domínguez s/n, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela
Data: 23 de novembro de 2018
Hora: 10:00 h – 11:20 h

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) da USC en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, organiza o Nanoeaters Day EYEPRESS: sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular.

O obxectivo desta xornada é a presentación dun dos Casos de Uso do proxecto: “Presión intraocular do ollo. Prototipos do sistema autónomo implantable para monitorizar a presión intraocular do ollo”, por parte de expertos do (CiTIUS) o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga – INL.

O proxecto NANOeaters (Nanotechnology Early Adopters) é un proxecto cofinanciado polo programa europeo POCTEP e promove a colaboración entre Centros de Investigación e PYMES innovadoras (early adopters), apoiando ás empresas no proceso de transferencia de nanotecnoloxía.

O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos en novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.

A Axencia Galega de Innovación lidera este proxecto de Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a pemes innovadoras da Eurorrexión, en colaboración co Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL), a UVIGO, a USC, Gradiant, CTAG, AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

Rexistro e programa do evento a través da páxina web: https://citius.usc.es/novidades/eventos/nanoeaters-day-eyepress-sensor-autonomo-implantable-para-medida-presion