22
Nov

Oportunius: Taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC)

Sede da Axencia GAIN

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 22 de novembro de 2018
Hora: de 10:15h a 17h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 22 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela , na sede de GAIN, un novo taller enfocado á convocatoria Consolidator Grant 2019 do ERC. No taller participará o Punto Nacional de Contacto para ERC.

Para calquera dúbida podes contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal