13
Nov

Encontro Ecosistema do deseño para a innovación empresarial

Cis Galicia, Ferrol

Engadir ao calendario

Título: Encontro “Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”
Lugar: CIS Galicia, Ferrol
Data: 13/11/2018
Hora: 9:30 h – 18.30 h

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 13 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) o encontro “Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”.

O evento ten como principal obxectivo contribuír á configuración dun ecosistema do deseño en Galicia coas características necesarias para garantir o seu impacto sobre a innovación empresarial. Neste marco, busca fomentar o intercambio de coñecemento, a difusión de boas prácticas e o establecemento de contacto entre os e as profesionais do deseño, as asociacións que os representan, as institucións académicas vinculadas ao sector e a industria galega.

Os participantes terán ocasión de coñecer o impacto positivo da actividade asociativa sobre o desenvolvemento do sector tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, como Madrid, Barcelona, Comunidade Valenciana, Euskadi e Andalucía.

Ademais, as principais escolas de deseño galegas compartirán as súas experiencias de transferencia de coñecemento e talento á industria.

O encontro, que se desenvolve en horario de mañá e tarde, forma parte do conxunto de accións contempladas no Programa de Deseño para a Innovación 2020.

Os destinatarios do encontro son os/as deseñadores/as de todos os ámbitos, estudantes desta especialidade e representantes de empresas e outras entidades interesadas no deseño como panca da innovación.