30
Nov

Nanoeaters day: mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal

Hospital Universitario de Ourense

Engadir ao calendario

Título: NANOEATERS DAY. Mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal
Lugar: Hospital Universitario de Ourense – Novo edificio de hospitalización-Aula 1 – Planta 0 (C/Ramón Puga, 52-54. 32005, Ourense)
Data: 30 de novembro de 2018
Hora: 11:30 h – 13:30 h

A Fundación Biomédica Galicia Sur en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, organiza o NANOEATERS DAY. Mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal. O obxectivo desta xornada é a presentación dun dos Casos de Uso do proxecto: “ Biomarcadores de cáncer colorrectal. Biomarcadores diagnósticos fecales basados en nanotecnología”, por parte de expertos de Fundación Biomédica Galicia Sur e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga – INL.

O proxecto NANOeaters (Nanotechnology Early Adopters) é un proxecto cofinanciado polo programa europeo POCTEP e promove a colaboración entre Centros de Investigación e PYMES innovadoras (early adopters), apoiando ás empresas no proceso de transferencia de nanotecnoloxía.

O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos en novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.

A Axencia Galega de Innovación lidera este proxecto de Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a pemes innovadoras da Eurorrexión, en colaboración co Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL), a UVIGO, a USC, Gradiant, CTAG, AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

Rexistro ao evento a través da páxina web: http://www.fundacionbiomedica.org/event/nanoeaters-day-ourense-2018/

Máis información e programa do encontro dispoñible nesta ligazón (pdf).