25
Out

Workshop Estratexias para a protección do deseño

CIS Galicia

Engadir ao calendario

Título: Workshop “Estratexias para a protección do deseño”
Lugar: CIS Galicia, Ferrol
Data: 25/10/2018
Hora: 10:15 h – 18.00 h

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 25 de outubro o workshop “Estratexias para a protección do deseño”.

O evento, que terá lugar no CIS Galicia (Ferrol), ten como principal obxectivo compartir coñecemento sobre un dos aspectos críticos para o sector do deseño en todas as súas vertentes (industrial, gráfico, de produto, organizacional, dixital e multimedia): a protección das súas creacións.

A xornada, que se desenvolve en horario de mañá e tarde, abre a axenda de workshops do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

Os destinatarios do encontro son os/as deseñadores/as de todos os ámbitos, estudantes desta especialidade e representantes de empresas e outras entidades interesadas en coñecer as diferentes fórmulas de protección do valor dos intanxibles e dos procesos e as tecnoloxías asociadas a eles fronte a copias ou reclamacións por parte de terceiros.