Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 17 de setembro de 2018
Hora: de 10:15h a 17h
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).
Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.
O 17 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela , na sede de GAIN, un destes talleres enfocado ás convocatorias 2019 do ERC. No taller participará o Punto Nacional de Contacto para ERC.
Para calquera dúbida podes contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal