Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Título: Balance da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía
Lugar: Edificio QuercusIP. Polígono empresarial Costa Vella (Santiago de Compostela)
Data: 19/06/2018
A Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 da Xunta de Galicia é a folla de ruta que vertebra as accións de apoio ao sector biotecnolóxico na nosa comunidade e ten como obxectivo maximizar o potencial deste sector, xerando valor económico e social e situando a Galicia como actor clave a nivel internacional na cadea de valor biotecnolóxico.
Co obxecto de presentar o balance intermedio de resultados da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía, intercambiar experiencias, coñecer a opinión de recoñecidos expertos bio sobre as nosas perspectivas de futuro e escoitar as experiencias de emprendedores, empresas e iniciativas apoiadas con éxito ao abeiro da Estratexia, a Axencia Galega de Innovación realizará, o próximo martes 19 de xuño, unha xornada de presentación e networking no Edificio QuercusIP, do Polígono Empresarial Costa Vella en Santiago de Compostela.
Formulario de inscrición e programa dispoñibles nesta ligazón.