30
Mai

Financiamento de I+D+i empresarial. Axudas e actuacións de CDTI e GAIN en 2018

Auditorio Xosé Neira Vilas, Edificio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia

Engadir ao calendario

Título: Financiamento de I+D+i empresarial. Axudas e actuacións de CDTI e GAIN en 2018.
Lugar: Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela.
Data: 30/05/2018
Hora: 11:30 h

A Axencia Galega de Innovación e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) están a organizar para o vindeiro 30 de maio unha xornada na que se presentarán as novidades nas axudas e actuacións de CDTI e GAIN para o 2018.

A xornada, que terá lugar entre as 11:30 e as 13:30 horas, contará coa presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o Director Xeral de CDTI, Francisco Marín, e a Directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.

Podes consultar o programa, así como acceder ao formulario de inscrición nesta ligazón.

A xornada celebrarase no Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Para facilidade dos asistentes, pódese descargar un plano da ubicación exacta do evento nesta ligazón.