Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Título: Sensores de ultra baixo consumo
Lugar: GRADIANT – Edificio CITEXVI, Campus Universitario de Vigo, 36310 Vigo
Data: xoves, 22 de marzo de 2018
Hora: 10:30 – 12:30
A Axencia Galega de Innovación – GAIN, o International Iberian Nanotechnology Laboratory – INL, e GRADIANT, organizan un Nanoeaters Day o vindeiro xoves 22 de marzo no centro tecnolóxico GRADIANT en Vigo.
O obxectivo desta xornada é a Presentación do Proxecto NANOeaters financiado polo Programa Transfronteirizo POCTEP para a transferencia e valorización de nanotecnoloxías.
Durante a xornada presentarase un dos Casos de Uso do proxecto: “Sensores de Ultra Bajo Consumo: Nanotecnologías aplicadas a dispositivos de sensado de ultra bajo consumo con capacidad de comunicaciones”, por parte de tecnológos de GRADIANT, Universidade de Vigo e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga – INL.
As empresas interesadas poderán concertar reunións bilaterais co persoal técnico.
Programa e formulario de inscrición dispoñibles nesta ligazón.
O proxecto NANOeaters (Nanotechnology Early Adopters) é un proxecto co-financiado polo programa europeo POCTEP e promove a colaboración entre Centros de Investigación e PEMES innovadoras (early adopters), apoiando ás empresas no proceso de transferencia de nanotecnoloxía. O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos en novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.
A Axencia Galega de Innovación lidera este proxecto de Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a pemes innovadoras da Eurorrexión, en colaboración co Laboratorio Internacional de Nanotecnología de Braga (INL), a UVIGO; a USC; Gradiant; CTAG; AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur.