2
Mar

Hubs de Innovación Dixital: novos marcos de colaboración

Edificio CINC, Cidade da Cultura

Engadir ao calendario

Lugar: Salón de Convencións, Edificio CINC, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Data: Venres, 2 de marzo de 2018
Hora: 10:30h a 14:30h

A Axencia Galega de Innovación organiza esta xornada de presentación dos Hubs de Innovación Dixital, como un dos principais instrumentos previstos no Plan Galicia Innova 2020 para dinamizar a innovación e que implica un novo marco de colaboración público-privada, aberta e intelixente.

Estes Hubs van a permitir aproveitar plenamente as capacidades tecnolóxicas e potenciar a innovación empresarial, identificando, transferindo e valorizando o coñecemento e poñéndoas en relación coas necesidades do tecido industrial. Os Hubs estarán orientados a prestar servizos para a creación de valor empresarial, priorizar tecnoloxías estratéxicas e disruptivas, transferir o coñecemento e facilitar o acceso ao financiamento.

Durante a xornada, presentarase a estratexia da Xunta de Galicia para a creación destas estruturas de colaboración, o seu papel no ámbito europeo, así como amosar casos de Hubs de Innovación Dixital en funcionamento en Europa.

O programa e o formulario de inscrición están disponibles nesta ligazón.
As presentacións empregadas na xornada están dispoñibles nesta ligazón (zip)