RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Avda de Vigo, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela
Data: Xoves, 22 de febreiro de 2018
Hora: 9:30 a 13:30h
Nesta xornada, organizada polo CESGA e GAIN, diferentes empresas e entidades galegas contarán a súa experiencia de participación no proxecto europeo Fortissimo ( www.fortissimo-project.eu ).
FORTISSIMO financiou, ao longo das súas dúas edicións, máis de 70 experiencias innovadoras co obxectivo de demostrar o potencial dos servizos de computación de altas prestacións aplicados á industria, particularmente a pequenas e medianas empresas, e a problemas ou servizos vinculados principalmente á área da manufactura.
Empresas galegas de diferentes sectores, provedores de software e servizos, grupos de investigación especializados, centros tecnolóxicos e centros de cálculo forman parte dos equipos de traballo dos 6 casos que se presentarán durante a xornada. Un total de 7 empresas e 4 institucións galegas, expertas en diferentes áreas, contarán a súa experiencia, a súa motivación e os beneficios que a participación neste proxecto supón para eles, así como as súas necesidades e o seu potencial para seguir incorporando servizos de computación de altas prestacións ao seu negocio ou actividade.
Programa e inscricións dispoñibles nesta ligazón.