14
Feb

H2020: transporte intelixente, ecolóxico e integrado

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación, Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
Data: Mércores, 14 de febreiro de 2018
Hora: de 10:30 a 12:30

A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co CDTI, organiza unha esta xornada informativa sobre a convocatoria de H2020 centrada no transporte intelixente, ecolóxico e integrado.

Esta xornada, que terá un carácter práctico, contará cunha presentación a cargo do Punto Nacional de Contacto de CDTI na que se explicarán as oportunidades de financiamento e os aspectos clave para a preparación de propostas. Completarase coa intervención de entidades que contarán a súa experiencia de participación.

Ao remate da xornada, ofrecerase a posibilidade de manter reunións bilaterais con persoal de CDTI.

Programa e inscricións dispoñibles nesta ligazón