5
Dec

Presentación do CIS Madeira no marco do Coworking Forestal-Madeira

CIS Madeira

Engadir ao calendario

Lugar: CIS Madeira. Parque Tecnolóxico de Galicia. San Cibrao das Viñas (Ourense)
Data: Martes 5 de decembro de 2017
Hora: a partir das 13:00 horas

O CIS Madeira realizará unha presentación das súas capacidades e funcións no marco da primeira actividade de networking celebrada pola nova aceleradora situada no CIS Madeira, o Coworking Forestal-Madeira. Esta aceleradora súmase aos outros seis espazos de coworking que a Xunta organiza en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) en diversos concellos, onde esta actividade xa se está a desenvolver con 124 proxectos nos que participan 163 emprendedores.

Asistencia de acceso libre.