29
Nov

Infoday H2020 retos sociais 2 e 3

Sede FEUGA

Engadir ao calendario

Infoday H2020 retos sociais 2 e 3: Información práctica para propostas en agroalimentación e enerxía

Lugar: Sede FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela
Data: Mércores 29 de novembro
Hora: de 9 a 14 horas

No último trimestre de 2017 ábrense as primeiras convocatorias Horizonte 2020 (H2020) do programa de traballo 2018-2020 para agroalimentación e enerxía, dotado con 3.539M€. O obxectivo deste infoday é que as empresas, universidades e outros axentes galegos estén preparadas para competir pola captación destes fondos e consolidar os bos resultados do período 2014-2016.

Na súa organización colaboran a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA).

Os Puntos Nacionais de Contacto (PNC) presentarán as liñas xerais do novo período e as súas principais novidades e detallarán os topics dos retos sociais 2 e 3 de maior interese para a nosa comunidade. Así mesmo, daranse recomendacións prácticas para a preparación de propostas e poderanse analizar ideas de proxecto en reunións individuais cos PNC (Rolda H2020).

A xornada está dirixida a empresas, investigadores ou outras entidades relacionadas co sector agroalimentario ou enerxético e calquera outro axente con interese en iniciarse na preparación de proxectos europeos susceptibles de ser financiados por H2020.

Programa, inscrición e solicitude de reunión individual dispoñibles nesta ligazón.