Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Xornada de presentación do proxecto MANUFACTUR 4.0: Desenvolvemento e implementación de tecnoloxías intelixentes e innovadoras nos sectores naval e metalmecánico
Lugar: CIS-Galicia. Ferrol
Data: Martes 28 de novembro
Hora: de 11 a 13:30 horas
O proxecto MANUFACTUR 4.0, enmarcado no PROGRAMA EP-INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP), ten como obxectivo a transferencia de maneira efectiva á industria do sector naval-metalmecánico de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo.
O proxecto será presentado polos socios participantes no proxecto: Axencia Galega de Innovación – GAIN; Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste – AIMEN e Asociación Clúster del Naval Gallego – ACLUNAGA de Galicia; e Centro de Apoio Tecnológico á Indústria Metalomecânica – CATIM; Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores – tecnología e Ciência – INESC-TEC e Agência Nacional de Inovaçao – ANI de Portugal.
A xornada contará así mesmo con Mario Dogliani, Director Técnico de SEA EUROPE – EuropeanShips and Maritime Equipment Association, que fará unha exposición acerca das plataformas europeas WATERBONE e VESSELS OF THE FUTURE, así como de oportunidades de financiamento á I+D+i.
A xornada diríxese a: empresas dos sectores naval, metal-mecánico e fabricación de tecnoloxía, asociacións empresariais e clústeres dos sectores implicados, administracións públicas, universidades, centros tecnolóxicos e sociedade en xeral.