24
Out

Oportunidades H2020: Nanotecnoloxías, materiais avanzados, biotecnoloxía e novas formas de produción

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación
Data: 24 de outubro de 2017
Hora: 10:00h

A Axencia Galega de Innovación, en colaboración con CDTI organiza a xornada “Oportunidades H2020: Nanotecnoloxías, materiais avanzados, biotecnoloxía e novas formas de produción”, a sexta actividade do ciclo de Infodays sobre H2020.

Nesta xornada o Punto Nacional de Contacto de NMBP, Nieves González, explicará as oportunidades de financiamento para este sector no marco do Horizon 2020. Contarase tamén coa participación dun experto avaliador nestas materias, así como a presentación de casos de éxito.

Ao remate da xornada, ofrecerase a opción de manter unha reunión bilateral co Punto Nacional de Contacto. Para facelo, é imprescindible solicitala no formulario de inscrición e enviar cuberta a informa.gain@xunta.gal a ficha de proxecto.