Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Lugar: Cidade da Cultura (Edificio CINC)
Data: 28-29 de setembro de 2017
Hora: de 08:30h a 19:00, 8:30 – 13:00
A Iniciativa Global TTS é unha plataforma internacional de reunión de expertos en Biotecnoloxía, desenvolvemento de tecnoloxías médicas, fármacos, Bioindustria e Capital Risco. Tamén participan responsables de grandes empresas farmacéuticas e representantes das principais Institucións Europeas de Investigación. O foro foi creado co obxectivo de fomentar a innovación e acelerar a transferencia dos resultados desde a investigación en biotecnoloxía e do sector da saúde ao mercado e por tanto aos pacientes.
A iniciativa TTS organízase ao redor de 4 cumes internacionais: TTS North America, TTS Latin America, TTS Australia e TTS Europe. Dentro de TTS Europe e tras as últimas edicións de Edimburgo, Barcelona, París e Londres, a próxima cita chega a Santiago de Compostela, os próximos días 28 e 29 de setembro, sendo impulsada e co-organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia do Coñemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Barrié.
A Global TTS aposta polo fomento da innovación a través de reunións con líderes de opinión con capacidade para debater e deliberar sobre os desafíos da industria biotecnolóxica. Ao mesmo tempo foméntase a creación de redes de alta calidade, atópanse oportunidades e acordos de colaboración e avánzase no desenvolvemento empresarial a través de proxectos e experiencias compartidas.
O encontro representa unha oportunidade única para avanzar na internacionalización do sector biotecnolóxico galego. Únese así a outras iniciativas postas en marcha no marco da Estratexia de impulso á biotecnoloxía de Galicia, que prevé mobilizar 200 millóns de euros ata 2020, dos que 125 millóns proceden de fondos públicos.
Programa dispoñible nesta ligazón.