28
Set

Aspectos máis significativos da propiedade industrial para empresas

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

Engadir ao calendario

Lugar: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
Data: 28 de setembro de 2017
Hora: 09:30h

O próximo xoves, 28 de setembro, na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, celebrarase a xornada “Aspectos máis significativos da propiedade industrial para empresas”. Contará coa participación de Antonio Rodríguez, xefe do Departamento de Xestión da Innovación – SEGAPI da Axencia Galega de Innovación.

CEVIPYME, unha iniciativa da Dirección Xeral de Industria da Pequena e Mediana Empresa, a Oficina de Patentes e Marcas e a Cámara de Comercio de España, co apoi do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a colaboración do Servizo Galego de Propiedade Industrial, organizan esta xornada.

A asistencia é de balde.

O formulario de inscrición está dispoñible nesta ligazón.