Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n. Santiago de Compostela
Data: Luns 11 de setembro de 2017
Hora: de 09h a 14 h
Xornada de presentación das cinco licitacións abertas no marco da Civil UAVs Initiative, a iniciativa para desenvolver un Polo Tecnolóxico e Industrial arredor dos vehículos non tripulados en Galicia. Estas contratacións, cuxo importe total ascende a 7,2 millóns de euros, buscan solucións innovadoras para dar resposta a unha serie de retos plantexados polos distintos departamentos da Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar a prestación de determinados servizos a través do emprego de vehículos non tripulados.
O obxectivo desta xornada é explicar máis en detalle tanto o procedemento como os programas funcionais das cinco licitacións. Ademais, habilitarase un espazo de coworking para que as entidades e persoas asistentes establezan colaboracións ao remate da xornada. Tamén se publicará nesta sección o listado de asistentes á xornada (actualizado diariamente), co obxectivo de facilitar estos contactos.