28
Set

Simplificación das regras de participación en H2020

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación
Data: Xoves, 28 de setembro
Hora: de 09:30h a 14 h

A Axencia Galega de Innovación, membro do Consorcio Galactea–Plus da Enterprise Europe Network (EEN), o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), o Instituto de Salud Carlos III e a Universitat Politécnica de Valencia, organizan conxuntamente esta xornada, enmarcada na nova campaña de comunicación que a Comisión Europea (CE) lanzou sobre os aspectos legais e financeiros de HORIZONTE 2020 (H2020).

O obxectivo da campaña é incidir nos últimos cambios no Acordo de Subvención do pasado mes de febreiro e a recente publicación da versión 4.0 do Annotated Model Grant Agreement o pasado 21 de abril, ademais de presentar os principios das auditorías e repasar aqueles elementos clave para a implementación.

Entrevistas cos NCP:

Ao remate da xornada, darase a posibilidade de concertar reunións cos Puntos Nacionais de Contacto (NCPs) legal e financeiro. En caso de estar interesada/o en solicitar unha reunión, deberá enviar un correo electrónico a informa.gain@xunta.gal coas súas cuestións referentes á temática da xornada. A data límite para o envío, é o luns 25 de setembro.