19
Xul

Obradoiro técnico de presentación dos programas Principia e InnovaPEME 2017 en Ourense

Sede Confederación de Empresarios de Ourense

Engadir ao calendario

Lugar: Sede Confederación de Empresarios de Ourense. Praza das Damas, 1. Ourense
Data: Mércores, 19 de xullo de 2017
Hora: De 10:00 a 11:45h

O obxectivo deste obradoiro é presentar as principais novidades da II edición do programa Principia e dar a coñecer os requisitos e características do novo programa Innova Peme 2017, resolver as dúbidas sobre as convocatorias e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

O programa da xornada e mailo formulario de inscrición están dispoñibles nesta ligazón.