9
Feb

Xornada de divulgación tecnolóxica: modelización, simulación e big data na Industria 4.0 en Bergondo

Asociación de empresarios de Bergondo

Engadir ao calendario

Lugar: Asociación de empresarios de Bergondo. Parroquia de Guísamo, s/n (Edif. Usos Múltiples). Polígono de Bergondo
Data: xoves 9 de febreiro de 2017
Hora: de 9.30 a 11 horas

Co obxectivo de achegar ás pemes as tecnoloxías facilitadoras, en concreto a computación avanzada (HPC) como unha tecnoloxía chave para a industria 4.0, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do CIS Galicia e do CESGA, IGAPE e AMTEGA organizan esta xornada de divulgación tecnolóxica.

Está dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos de empresas de todos os sectores (xerentes, responsables de producción, responsables de oficinas técnicas, etc).

Nela informarase ás pemes das diferentes medidas postas en marcha por GAIN , IGAPE e o CESGA para impulsar o uso destas tecnoloxías nas pemes, así como dos beneficios para as pemes da simulación numérica, a modelización e o Big Data, e das tecnoloxías que se requiren para implantar estas novas solucións. Por último, presentaránse casos de éxito de empresas da nosa contorna que xa teñen implantadas estas solucións, e o servizo Re-Acciona TIC de mellora competitiva para pemes galegas.

O programa da xornada está dispoñible nesta ligazón

O formulario de inscrición está dispoñible nesta ligazón