1
Dec

Xornada de divulgación tecnolóxica: modelización, simulación e big data na Industria 4.0

CIS Galicia

Engadir ao calendario

Lugar: CIS Galicia. A Cabana s/n. Ferrol
Data: xoves 1 de decembro de 2016
Hora: de 9.30 a 11 horas

Co obxectivo de achegar ás pemes as tecnoloxías facilitadoras, en concreto a computación avanzada (HPC) como unha tecnoloxía chave para a industria 4.0, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do CIS Galicia e do CESGA, IGAPE e AMTEGA organizan esta xornada de divulgación tecnolóxica.

Está dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos de empresas de todos os sectores (xerentes, responsables de producción, responsables de oficinas técnicas, etc).

Nela informarase ás pemes das diferentes medidas postas en marcha por GAIN , IGAPE e o CESGA para impulsar o uso destas tecnoloxías nas pemes, así como dos beneficios para as pemes da simulación numérica, a modelización e o Big Data, e das tecnoloxías que se requiren para implantar estas novas solucións. Por último, presentaránse casos de éxito de empresas da nosa contorna que xa teñen implantadas estas solucións, e o servizo Re-Acciona TIC de mellora competitiva para pemes galegas.

Faranse xornadas similares noutros puntos da xeografía galega como Bergondo, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela e O Porriño en datas próximas.

O programa da xornada está dispoñible nesta ligazón.
O formulario de inscrición está dispoñible nesta ligazón.