Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade
16 de Abril
Lugar: AIMEN Centro Tecnolóxico
Data: 23 de novembro de 2016
Hora: de 9:30 a 14:15h
AIMEN en colaboración con ACLUNAGA e GAIN a través do CIS Galicia, organizan a XORNADA INTERNACIONAL SHIPBUILDING 4.0, que se celebrará o 23 de novembro en AIMEN (O Porriño).
Nesta xornada , ademais de promover encontros profesionais internacionais, daránse a coñecer os traballos realizados mediante presentacións e demostracións tecnolóxicas. O CIS Galicia trasladará a AIMEN o seu Showroom de Realidade Virtual e mostrará en distintos dispositivos os traballos desenvolvidos para o sector naval.
A iniciativa SHIPBUILDING 4.0 nace do impulso que a Xunta de Galicia quere dar aos sectores estratéxicos de Galicia, a través do convenio firmado entre GAIN, IGAPE e AIMEN Centro Tecnolóxico, no que colabora tamén ACLUNAGA.
O programa da xornada está dispoñible nesta ligazón.
O formulario de inscrición está dispoñible nesta ligazón.