17
Nov

Acto de entrega dos Premios a Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2016

Pazo de San Roque

Engadir ao calendario

Lugar: Pazo de San Roque. Rúa de San Roque, 2. Santiago de Compostela
Data: 17 de novembro de 2016
Hora: 19h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) comprácense en convidar a todas aquelas persoas interesadas ao acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2016.

Os galardoados son a empresa Reganosa, como mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para grandes empresas pola aplicación do software desenvolvido pola USC para optimizar a rede de transporte de gas natural; na categoría de pemes, recoñécese o traballo de Evasa no desenvolvemento de novos materiais para a redución do consumo enerxético na industria do vidro laminado e; o premio ao mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada recae nunha vía alternativa aos tratamentos con antibióticos contra a carie e a periodontite dos departamentos de Microbioloxía e Parasitoloxía e da área de Estomatoloxía e Cirurxía Oral da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa empresa catalá Dentaid.

Prégase confirmación no teléfono 981 552 235 ou no correo electrónico ragciencias@ragc.gal

Tarxeta de invitación