23
Nov

Horizonte 2020 en 2017: información práctica para propostas en agroalimentación, enerxía e medio ambiente

Sede FEUGA

Engadir ao calendario

Lugar: Sede FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n Campus Vida. Santiago de Compostela
Data: 23 de novembro de 2016
Hora: de 9 a 13:30

A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coas tres universidades galegas, están a organizar para o vindeiro 23 de novembro a xornada “Horizonte 2020 en 2017: información práctica para propostas en agroalimentación, enerxía e medio ambiente”, na sede de FEUGA en Santiago de Compostela.

O obxectivo desta xornada é promover a participación galega no programa Horizonte 2020 (H2020), como un instrumento para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia que implica vantaxes para os seus participantes como a posta en marcha de novas vías de negocio, o pulo á súa internacionalización ou a creación dunha rede de colaboradores de alto nivel.

O público ao que está dirixido son empresas, investigadores ou outras entidades interesadas en iniciarse na preparación de proxectos europeos ou cunha idea de proxecto susceptible de ser financiada por H2020.

Durante a xornada presentaranse as prioridades de financiamento das convocatorias de 2017 do H2020, en concreto aquelas centradas en tres áreas de grande interese para Galicia: agroalimentación, enerxía e medio ambiente. Ademais das sesións plenarias impartidas polos puntos nacionais de contacto de CDTI, existe a posibilidade de manter unha reunión bilateral dos asistentes con representantes de CDTI para valorar o encaixe das ideas de proxectos nas convocatorias e programas de H2020.