Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade
28 de Xullo
Lugar: Centro tecnolóxico AIMEN. Polígono industrial Cataboi SUR-PPI-2 (Sector 2), Parcela 3. O Porriño (Pontevedra)
Data: 26 de outubro de 2016
Hora: de 9 a 14h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co centro tecnolóxico AIMEN, están a organizar esta xornada co obxectivo de dar a coñecer conceptos e casos de empresas no desenvolvemento da Industria 4.0; amosar casos de éxito; informar dos instrumentos de apoio á posta en marcha da Industria 4.0; e intercambiar experiencias e debater sobre a realidade das empresas participantes e os sectores en que operan.
O evento está dirixido a profesionais (directivos, responsables de enxeñaría, produción, deseño, loxística e sistemas) de empresas industriais relacionadas principalmente cos sectores da automoción, naval, metalmecánico, aeronáutico e enerxía.
A asistencia é libre e gratuíta, previa inscrición enviando o formulario cumprimentado ao enderezo electrónico eventos@aimen.es
Ligazón ao programa da xornada
Ligazón ao formulario de inscrición