25
Out

Brokerage 2016 sobre enerxía de ERRIN

Oficina en Bruxelas de Saxonia-Anhalt

Engadir ao calendario

Lugar: Oficina en Bruxelas de Saxonia-Anhalt, Boulevard Saint Michel 80, Brussels metrostop Thieffry, liña 5, dirección Hermann-Debroux
Data: 25 de outubro de 2016
Hora: de 9.00 a 15.45h

ERRIN (European Regions Research and Innovation Network), da que forma parte a Axencia Galega de Innovación, organiza un novo Taller de Desenvolvemento de Proxectos ou Brokerage. Nesta ocasión, centrarase nas convocatorias de H2020 sobre Enerxía para o ano 2017.

Durante a xornada mostraranse exemplos de boas prácticas para acadar unha candidatura gañadora e presentaranse ideas de proxecto para as convocatorias do ano que vén. Así mesmo, permitirá entrar en contacto con socios potenciais. Pódese acceder ao listado de proxectos premendo nesta ligazón.

Os interesados no evento poden comunicarllo a GAIN escribindo un correo a programas.gain@xunta.gal indicando os proxectos nos que se ten interese, o motivo e o que a entidade pode aportar a estes.