Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n. Conxo. Santiago de Compostela.
Data: 10 de outubro de 2016
Hora: de 10 a 13.45h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) están organizando esta xornada para dar a coñecer, ás empresas galegas que queiran participar en proxectos tecnolóxicos a nivel internacional, as oportunidades de financiamento. Máis concretamente, explicarase a liña de apoio de CDTI a estes proxectos.
Aquelas persoas que o desexen poderán manter unha reunión bilateral cun representante de CDTI para revisar a súa proposta, previa solicitude.
Podes consultar o programa da xornada, así como inscribirte nela, nesta ligazón.