Xornada informativa de CPI
29 de Marzo
Lugar: Salón de Actos MUPEGA, San Lázaro, 1107 – Santiago
Data: 23 de setembro de 2016
Nesta xornada farase a presentación das conclusións do estudio realizado sobre as futuras capacidades e competencias que serán necesarias na senda da industria do futuro, a INDUSTRIA 4.0, e que adoitan denominarse SKILLS 4.0.
Este traballo foi encabezado polo IGAPE e presenta resultados e conclusións de interese no ámbito da Industria 4.0.
A xornada terá lugar o vindeiro venres 23 de setembro no MUPEGA de Santiago de Compostela, das 9:45 h ata as 12:15 h. e contará con tres ponencias e coa participación do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde.
Por cuestións de organización, prégase a confirmación de asistencia na seguinte dirección de correo: mat@igape.es
Máis información: 981 541 154