13
Set

II Workshop Civil UAVs Initiative

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Aeródromo de Rozas, Castro de Rei, Lugo
Data: 13 de setembro de 2016

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), está a realizar unha aposta decidida polo desenvolvemento dun polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados a través da Civil UAVs Initiative.
Nesto senso, GAIN está a organizar o II Workshop Civil UAVs Initiative que se desenvolverá o 13 de setembro en Rozas (Castro de Rei, Lugo) co fin de dar a coñecer as actuacións que abren novas oportunidades de negocio aos axentes do I D i, en especial, para o tecido empresarial galego, no crecente mercado dos sistemas aéreos non tripulados.
Durante o Workshop presentarase o estado de execución da Fase A (contrato asinado cos socios INDRA e INAER) e as fichas de avance das que sairán as primeiras contratacións da Fase B da Civil UAVs Initiative.
A Fase B da iniciativa xa arrincou o pasado mes de setembro co lanzamento dun proceso de consultas preliminares ao mercado , que segue aberto e ao que se presentaron polo momento máis de 100 propostas. Estas servirán de base para elaborar as fichas de avance que serán presentadas neste II Workshop e que permitirán que as empresas coñezan de xeito máis preciso as necesidades funcionáis da Xunta en relación ás distintas solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas en vehículos non tripulados.
En relación co desenvolvemento da Fase B, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Economía e Competitividade veñen de asinar un convenio de colaboración para apoiar a Compra Pública Innovadora (CPI) de tecnoloxía no ámbito dos vehículos non tripulados. O importe deste convenio ascende a 24 millóns de euros, dos que 19,2 millóns proveñen de fondos europeos xestionados polo Ministerio e 4,8 millóns serán aportados pola Xunta.

Máis información da xornada
Inscrición

As ponencias e documentación empregadas durante o workshop están dispoñibles nesta ligazón.