Xornada informativa de CPI
29 de Marzo
Lugar: Sede Axencia Galega de Innovación, rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
Data: 13 de xuño de 2016
Hora: 11:30
A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) colabora no Concurso Europeo de Navegación por Satélite (European Satellite Navigation Competition – Galileo Masters), convocado pola Axencia Espacial Europea (ESA). Trátase dun concurso internacional de innovación que premia as mellores ideas no desenvolvemento de aplicacións orientadas ao mercado e baseadas en tecnoloxías de navegación por satélite. O certame ten de prazo de presentación de candidaturas até o vindeiro 30 de xuño e repartirá máis de 1 millón de euros en premios. Dende 2004, máis de 10.000 desenvolvedores participaron no concurso.
A Axencia Galega de Innovación concederá un premio especial no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados (UAVs) e as súas aplicacións no ámbito civil, en liña coa aposta da administración autonómica por este sector materializada na Civil UAVs Initiative. Os UAVs representan un mercado crecente para o uso de sistemas de navegación por satélite xa que precisan dunha orientación e posicionamento preciso. Cómpre aclarar que todas as ideas que se presenten optarán simultaneamente a un premio internacional e a un premio rexional. Para presentar este premio especial, celebrarase unha xornada informativa na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela (Rúa Airas Nunes, s/n) o vindeiro 13 de xuño pola mañá.
Podes acceder ao programa completo da xornada e ao formulario de inscrición nesta ligazón