1
Xuñ

XORNADA CDTI/GAIN: FEDER-INNTERCONECTA E OUTROS INSTRUMENTOS DE APOIO Á I+D+I EN EMPRESAS

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole. 3ª planta. Edificio CEI
Data: 1 de xuño de 2016
Hora: de 10 a 13:30h

Tecnópole acolle a presentación dos últimos instrumentos de apoio e financiamento que ofrecen ás empresas a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), en especial o programa FEDER-Innterconecta, cuxo prazo de recepción de solicitudes permanece aberto.

No marco da xornada, tamén se exporán experiencias de empresas que participaron en edicións anteriores do programa e os participantes poderán solicitar reunións bilaterais con técnicos de CDTI e de GAIN para revisar as súas propostas e resolver dúbidas.

Así mesmo, presentarase o programa Principia da Xunta de Galicia, dotado con 3 millóns de euros para favorecer a contratación de 300 profesionais en actividades de I+D+I en empresas galegas.

Ligazón ao programa da xornada
Ligazón ao formulario de inscrición