31
Mai

XORNADA DIVULGATIVA SOBRE COMPRA PÚBLICA DE INNOVACIÓN NO SECTOR DA ESTRADA

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n. Conxo. Santiago de Compostela.
Data: 31 de maio de 2016
Hora: de 9:30 a 14h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Plataforma Tecnológica Española de la Carretera están organizando unha xornada divulgativa sobre a Compra Pública de Innovación (CPI) aplicada ao sector da estrada.

O obxectivo desta xornada é impulsar o uso da CPI neste sector en Galicia e nela abordaranse aspectos prácticos sobre a súa aplicación exitosa, como a identificación de retos e necesidades tecnolóxicas, aspectos legais e xurídicos, como abordar a CPI, etc.

A xornada está dirixida a todas aquelas persoas interesadas na CPI, pero de forma moi especial a responsables das administracións competentes en materia de estradas, seguridade vial, mobilidade, etc.; responsables das áreas de contratación; e o resto de axentes do Sistema Galego de Innovación que opten a participar en procesos de licitación de CPI.

Podes acceder ao programa completo da xornada e inscribirte nesta ligazón