23
Abr

Xornada Novidades de Financiamento público á I+D+i CDTI-GAIN

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n. Barrio de Conxo. Santiago de Compostela
Data: 23 de abril de 2015
Hora: de 9:00 a 13:30h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), organiza esta xornada na que se exporán as principais novidades no financiamento público á I+D+i por parte de CDTI e GAIN, así como o Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CIEN), cuxa convocatoria 2015 está actualmente aberta.

A xornada terá un carácter eminentemente práctico, de tal forma que as empresas que o desexen poderán manter unha reunión bilateral para revisar propostas de proxecto ou resolver posibles dúbidas

Precísase inscrición.

Programa completo da xornada e formulario de inscrición dispoñibles nesta ligazón