23
Dec

Presentación do Centro Mixto de Investigación en Avións Non Tripulados Xunta de Galicia-INTA

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea (Avenida Terra Cha, 17), Castro de Rei
Data: 23 de decembro
Hora: 10:00h

A Xunta de Galicia presentará o vindeiro martes, 23 de decembro, o Centro Mixto de Investigación en Avións Non Tripulados Xunta de Galicia-INTA na delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo. O acto será inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela Olmo, e o secretario de Estado de Defensa, Pedro Argüelles Salaverría.

O Centro de Investigación Aerotransportada, que estará situado na localidade luguesa de Rozas, é un centro mixto de investigación no que colaboran a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, o Ministerio de Economía e Competitividade e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). Trátase do primeiro centro destas características en Europa que prevé converter á nosa Comunidade nun polo de referencia do sector aeronáutico.

Mais información e inscricións nesta ligazón