Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Avda. de Vigo, s/n. Santiago de Compostela.
Posibilidade de asistir mediante videoconferencia dende A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Data: 3 de decembro de 2014
Hora: de 10:00 a 12:30h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) organizan esta xornada no marco do ciclo de presentacións das oportunidades de financiamento do programa da Comisión Europea Horizonte 2020.
Nela abordaranse dous retos sociais do programa de I+D+i da Comisión: o reto Saúde e o reto Bioeconomía e Liderado en tecnoloxías facilitadoras e industriais en Biotecnoloxía. O seu obxectivo é presentar aos axentes do Sistema Galego de Innovación as oportunidades de financiamento que ofrece o programa Horizonte 2020 e as principais claves para ter éxito, así como describir as ferramentas de apoio que GAIN pon a disposición dos interesados en presentar propostas.
Aquelas persoas e/ou entidades que teñan unha proposta de proxecto a unha convocatoria aberta dentro dun destes dous retos poderán manter unha reunión bilateral cun técnico de CDTI, para revisar a proposta, ou cun técnico de GAIN, para resolver dúbidas sobre os instrumentos de apoio á participación galega en programas europeos de I+D.
Precísase inscrición.