11
Nov

H2020: I+D+i para un envellecemento activo e saudable

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia (Avenida de Vigo, s/n), Santiago de Compostela
Data: 13 de novembro 2014

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía e Industria e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) están a organizar unha xornada de presentación das oportunidades de financiamento do programa Horizonte 2020 centrada no ámbito da I+D+i aplicada a un envellecemento activo e saudable.

Esta xornada forma parte do ciclo de presentacións das oportunidades de financiamento que ofrece o programa europeo Horizon 2020, iniciadas no pasado mes de maio, e que estiveron centradas en distintos sectores como TIC, transporte, naval, sociedades seguras e PEMEs.

Máis información e inscricións dispoñibles nesta ligazón