Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Lugar: Parador de Baiona, Baiona
Data: 7 de novembro 2014
O próximo 7 de novembro terá lugar en Baiona o I Foro Anual RIS3 de Galicia – Rexión Norte de Portugal, no que se presentará o proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 conxunta para a Eurorrexión.
Tras a aprobación das súas respectivas RIS3, e no ámbito da súa longa traxectoria de colaboración, Galicia e a Rexión Norte de Portugal acordaron arrincar co proceso participativo para a elaboración dunha Estratexia RIS3 conxunta, constituíndose a secretaría técnica por parte de GAIN e a CCDRN Esta RIS3 da Eurorrexión ten como finalidade definir un marco de colaboración para dar unha resposta coordinada a desafíos comúns, mobilizar novas iniciativas e proxectos e facilitar a captación de fontes de financiamento específicas.
Pola súa situación céntrica dentro da Eurorrexión, o I Foro RIS3 Galicia-Rexión Norte celebrarase en Baiona.
Máis información e inscricións dispoñibles nesta ligazón