25
Nov

8ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea en España

Xunta de Galicia

Engadir ao calendario

Lugar: Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco), A Coruña
Data: 25 de novembro de 2014

A 8ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea en España, nesta ocasión baixo o lema “Horizonte 2020: Primeiras experiencias e resultados”, terá lugar o día 25 de novembro de 2014 no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña e está organizada polo CDTI e o Ministerio de Economía e Competitividade, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación, así como da Comisión Europea.

O obxectivo fundamental da Conferencia é analizar as primeiras experiencias nas convocatorias de propostas de Horizonte 2020 coa fin de extraer conclusións que permita ás entidades españolas unha mellor participación e un maior liderado en futuras convocatorias. Asimesmo daranse a coñecer as novidades coas que conta o Programa para achegar a investigación ao mercado.

Ademáis, durante a Conferencia analizaranse as grandes oportunidades que representa Horizonte 2020 para o noso país e as medidas de apoio postas en marcha pola Administración para impulsar a participación española e fomentar o liderado de proxectos.

Máis información dispoñible nesta ligazón