Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. Ferrol. Posibilidade de asistir mediante videoconferencia dende A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.
Data: 18 de xullo de 2014
Hora: de 10:00 a 12:30h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) organizan a xornada de presentación das oportunidades de financiamento do programa Eurostars, unha liña de apoio ás PEMEs intensivas en I+D que desenvolvan produtos, procesos e servizos innovadores, para aumentar a súa vantaxe competitiva. Os proxectos teñen que ser transnacionais e os produtos resultantes deben poder ser comercializados rapidamente. O orzamento total do programa ascende a 1,14 mil millóns de euros e está apoiado por 33 países EUREKA e a Unión Europea.
A xornada está dirixida a PEMEs intensivas en coñecemento. Para obter este recoñecemento deben reunir os seguintes requisitos: se teñen 100 traballadores ou menos deben contar con polo menos 5 traballadores a tempo completo dedicados a actividades de I+D+i, ou dedicar un mínimo dun 10% da equivalencia a tempo completo a actividades de I+D+i ou investir un mínimo do 10% do seu volume de negocio en actividades de I+D+i. No caso das PEMES con máis de 100 traballadores, deben ter polo menos 10 persoas dedicadas a tempo completo a actividades de I+D+i, ou dedicar un mínimo dun 10% da equivalencia a tempo completo ou do seu volume de negocio a actividades de I+D+i.
As xornadas terán un carácter eminentemente práctico, podendo manter os asistentes que o soliciten unha xuntanza bilateral tanto cun técnico de CDTI como da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para valorar unha posible proposta de proxecto e aclarar dúbidas sobre os instrumentos de apoio á participación galega en proxectos europeos de I+D+i, respectivamente.
Precísase inscrición.
Pódese consultar o programa completo da xornada e o formulario de inscrición nesta ligazón