Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade
28 de Xullo
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Avda. de Vigo, s/n. Santiago de Compostela. Posibilidade de asistir mediante videoconferencia dende A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo.
Data: 26 de xuño de 2014
Hora: de 12:00h a 14:00h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) organizan unha xornada de presentación das oportunidades de financiamento e apoio ao sistema galego de I+D+i por parte de ambos organismos.
A xornada está dirixida a todos os axentes de innovación galegos, especialmente a empresas.
Terá un carácter eminentemente práctico, podendo manter os asistentes que o soliciten unha xuntanza bilateral tanto cun técnico de CDTI como da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para valorar unha posible proposta de proxecto e aclarar dúbidas sobre os instrumentos de apoio á participación galega en proxectos europeos de I+D+i, respectivamente.
Precísase inscrición.
Pódese consultar o programa completo da xornada e o formulario de inscrición nesta ligazón