Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Data: Luns, 16 de xuño de 2014
Hora: 19:00h
Lugar: Aula Magna Antonio Casares. Facultade de Química da USC
A Real Academia Galega de Ciencias celebra dende o ano 2010, en colaboración coa Fundación Barrié, o Día do Científico Galego, co obxectivo de renderlle homenaxe a un científico galego que destacara pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia ou a un non galego que realizara en Galicia unha importante contribución no ámbito científico-técnico.
Nesta edición, o científico elexido é Luis Iglesias Iglesias (1895-1976), naturalista, especializado en Entomoloxía aplicada á agricultura. Destacou pola súa contribución ao desenvolvemento do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, que leva o seu nome, e ocupou diversos cargos académicos e en institucións como a RAG e a RAGC.
19:00 h. Benvida e apertura do acto
19:02 h. Semblanza “Luis Iglesias na memoria”, a cargo de Manuel Bermejo Patiño, Catedrático de Química Inorgánica da USC
19:20 h. Conferencia “Luis Iglesias: O Museo de Hª Natural”, a cargo de Victoriano Urgorri Carrasco, Catedrático de Zooloxía da USC e director da Estación de Bioloxía Mariña de A Graña
19:50 h. Intervención do Presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos Fernández
19:55h. Peche do acto polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
Pódese consultar o díptico do acto nesta ligazón